Nós visitan

venres, 26 de xuño de 2015

Exposición "RETRATOS DOS NOSOS AVÓS"

Despois do proceso de todo o curso vemos o resultado: os retratos dos avós e avoas onde os nenos e nenas captaron dun xeito marabilloso, o momento que eles desexaron, no lugar preciso ao estilo traballado.

O día 17 de xuño inauguramos na Biblioteca Xanela, do noso centro, e na Biblioteca de Monte Alto, a exposición.

Grazas a todas as familias e amigos por acompañarnos neste día tan especial.

Deixamos unha pequena mostra dese encontro para todos e todas.


1 comentario: